lunes, 17 de septiembre de 2012

A Deputación de Pontevedra inicia a recuperación do petroglifo do Monte de Cuñas, en Ponte Caldelas

A Deputación de Pontevedra iniciou os traballos para a recuperación da Pedra do Cervo, petroglifo situado no Monte de Cuñas, no Concello de Ponte Caldelas.

Con esta recuperación, a Deputación pretende contribuír á súa conservación e posta en valor como elemento destacado do patrimonio arqueolóxico da provincia. Os traballos teñen como obxectivo recuperar este ben arqueolóxico para a sociedade e difundir o seu valor social, histórico, turístico e cultural.

A actuación, promovida pola Deputación, o concello, a Comunidade de Montes de Cuñas e a Asociación Cultura Laxe da Irena; ten un presuposto de 20.000 euros e consiste na restauración das partes de pedra que estean deterioradas ou afectadas pola erosión ou por antigos traballos de cantería, a execución de tres sondas arqueolóxicas e o acondicionamento do ámbito, eliminando a vexetación invasora.

Así mesmo, procederase a colocar un valado no perímetro do petroglifo e a instalar paneis informativos que permitan aos visitantes situar este elemento.

O equipo de actuación está formado por dous arqueólogos e tres restauradores da Deputación, dous auxiliares do concellos e o asesoramento técnico e científico do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro e de membros da asociación A Laxe da Irena.

EUROPA PRESS

No hay comentarios: