martes, 4 de diciembre de 2012

Ourense. Os corenta dolmens do Val do Salas

O Val do Salas, zona da Baixa Limia con gran personalidade xeográfica, acolle unha importante concentración de monumentos megalíticos. Catro deles foron sinalizados e preparados para visita polo Concello de Muíños, dotándoos de carteis informativos con datos das escavacións realizadas ao longo do pasado século. Existen dous paneis con información xeral sobre o Megalitismo, un xunto ao dique da presa e outro na paraxe de Outeiro de Cavaladre. Outros catro, ao carón de cada monumento, inclúen tanto a reconstrución gráfica como a proposta cronolóxica. A selección destes dolmens entre os máis de corenta existentes no val, obedeceu a varios criterios. Entre eles salientamos a monumentalidade, as escavacións realizadas ou as tipoloxías, altamente representativas das arquitecturas megalíticas, non so da Baixa Limia, se non do noroeste peninsular. Por este motivo consideramos que a visita é interesante para coñecer este fenómeno monumental da nosa Prehistoria. O percorrido polos catro monumentos, Casiña da Moura, Casola do Foxo e as mámoas M1 e M5 de Outeiro de Cavaladre forma o "Circuíto Megalítico do Val do Salas". [...] farodevigo.es/

Relacionado: Foto de Roteiro Megalítico do Val do Salas

Actualización 12-02-12. Muíños reparará las mámoas y dólmenes del valle del Salas
La recuperación y promoción del patrimonio megalítico del valle del Salas, en el municipio de Muíños, es uno de los objetivos del grupo de gobierno que preside Plácido Álvarez para 2013. El pleno de la Corporación acaba de acordar solicitar a la Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria la continuación de las intervenciones arqueológicas en los yacimientos megalíticos tales como mámoas, dólmenes o necrópolis, situados en el municipio...

1 comentario:

salaman.es dijo...

Actualización. Muíños reparará las mámoas y dólmenes del valle del Salas.